domingo, 27 de marzo de 2016

NARIXA

Deixar de sentir. Estar baleira. Ser de lume. E consumirme.
Imaxinar. So iso, imaxinar.
Camiñar pola praia durante as primeiras horas da mañá.
Sentir como a auga alcanza as puntas dos meus dedos.
Enterrar os pes na area.
Penetrar pouco a pouco nese mar. Nese mar de soños.
Que as miñas bágoas comecen a navegar nel, bailando e xogando con tantas outras que chegaron por falta de amor.
Mergullarme e comezar a nadar. Escapar.
Sortear as poucas ondas que aparecen, rompendo a tranquilidade do momento.
Sentar na beira, agardando a que as ondas me alcancen.
Pechar os ollos, e deixar os soños.
Observar como ao lonxe, aparece a infancia. Esa que todos tivemos, e que perdemos sen decatarnos.
Esa que perdemos coma a auga deste mar, que escapa entre os dedos.
E perdelo todo.
Perder as ganas de soñar, de xogar. De crecer.
Mesturar os soños co real. E non ter nada.
Perder o sur, o meu querido sur.
E permanecer no norte.

sábado, 5 de marzo de 2016

AGARDAR A PRIMAVERA

Un inverno demasiado longo. Un inverno no que deixamos de ser dous para sen un, e así voar.
Voar por encima das nubes, para logo caer ao baleiro. E nese baleiro sentir pel con pel. Sentir o desexo de arder, arder ata que os nosos ollos foran lume.
Debuxar o teu perfil entre as sabas brancas. Perfilar todos os teus demos, para seguir ardendo.
Un inverno que deixou de ser frío dende o primero día que me roubaches a respiración.
E agora so queda pechar os ollos e agardar a que cheguen as tormentas de primavera.
Agardar a que os campos se vistan de vermello. A que volva a paixón.
Agardar a volver seu eu, a que o tempo deixe de estar parado.

Pero mentres as montañas continúen vestidas de branco, estarei baleira. Baleira de soños, de sentimentos, de ilusión… baleira de ti.