sábado, 5 de marzo de 2016

AGARDAR A PRIMAVERA

Un inverno demasiado longo. Un inverno no que deixamos de ser dous para sen un, e así voar.
Voar por encima das nubes, para logo caer ao baleiro. E nese baleiro sentir pel con pel. Sentir o desexo de arder, arder ata que os nosos ollos foran lume.
Debuxar o teu perfil entre as sabas brancas. Perfilar todos os teus demos, para seguir ardendo.
Un inverno que deixou de ser frío dende o primero día que me roubaches a respiración.
E agora so queda pechar os ollos e agardar a que cheguen as tormentas de primavera.
Agardar a que os campos se vistan de vermello. A que volva a paixón.
Agardar a volver seu eu, a que o tempo deixe de estar parado.

Pero mentres as montañas continúen vestidas de branco, estarei baleira. Baleira de soños, de sentimentos, de ilusión… baleira de ti.

Ningún comentario:

Publicar un comentario