domingo, 10 de abril de 2016

TEÑO GANAS DE TER GANAS


Teño ganas de ter ganas. De poder quererte. De volver a buscarte entre poemas de Bécquer, entre un ceo cheo de estrelas, entre un mar infinito. Poder bailar nas túas pupilas, beber nos teus beizos, e soñar entre as túas mans. De que os teus dedos debuxen liñas nos meus brazos.
Quererte en cada canción de Carlos Sadness, en cada mañá deste abril, e do posterior maio. Quererte entre as páxinas da nosa historia, entre pétalos de rosa, entre as bágoas que xogan nas miñas meixelas.
Escribirte. Escribirche versos doces e amargos, versos de amor e de necesidade, versos de querer e non poder. Debuxar amenceres xuntos, e noites en vela. Debuxarnos de paseo pola praia, entre as augas desta narixa particular.
Necesitarte en cada paso que dou, en cada desilusión, en cada sorriso e en cada choro. En cada día e tamén en cada noite.

Ves? En ningún momento pensei no que ti necesitabas, e como na carta que Lytos lle escribiu a cupido, esta é a razón pola que tantos namorados non están xuntos, e tantas parellas non están namoradas. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario