xoves, 14 de abril de 2016

VOLVER A ESCRIBIR(te)



Pensei en como volver a escribir sobre ti. Pero non se inventaron vocábulos para isto que sinto, este amor egoísta, no que ti es meu, e eu son túa. Non sei como describir o furacán que se desata en min cando os nosos dedos se xuntan de novo.
Sentir como os nosos beizos se funden, e as túas bolboretas entran en min, para seguir voando. Intercambiar noites en vela a través da pantalla do móbil, con medo a quedarnos durmidos e espertar sendo dous coñecidos con recordos en común.
Ninguén entenderá esta forma de perderse na túa mirada. Ese xeito de volver a nadar en piscinas de chocolate hasta o último suspiro, esperando un final doce. Pero ao teu lado.
Debuxar en cadernos de cores o teu perfil. Cada parte do teu corpo. Para durmir xunto a eles cando ti non esteas. Volver a ser nena, e soñar entre páxinas de ti.
Ser débil na túa ausencia, tras despedirnos baixo todas esas candeas que alguén puxo no ceo para nós. Porque cando amas de verdade, so es xunto a esa persoa, deixando de ser cando se separan as vosas mans.
Como Supersubmarina nos cantou aquela tarde de xaneiro, somos dous enfermos que se curan cos beixos. E neste tempo sen ti, volvín a enfermar de exceso de realidades neste abstracto mundo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario