Lembras todos os teus
soños? As túas ganas de perder a cabeza na Lúa, de camiñar polo universo en
busca dunha estrela que brille para ti.
Imaxina ese día no que te
mires ao espello e te decates de que defraudaches á nena que segue en ti, á que
sempre quixo ser especial, diferente.
Agora eres una copia máis
de tantas persoas que renunciaron a ser elas mesmas, por medo a caer.
E se caer fora o paso
previo para abrir as ás, e voar?
E se o perdes todo por non
intentalo, por medo a quedar sen estrelas, a que o sol se apague para sempre…
Ou peor, e se te perdes a
ti…
Seguramente te preguntarás
quen eres, e que queres nesta vida.
E se che digo que só ti
sabes a resposta? Que só ti contas coa maxia que buscas nos demais?
Pecha os ollos, e faite a
pregunta máis importante da túa vida: Se puideras volver a empezar, farías todo
exactamente igual?
Ningún comentario:
Publicar un comentario