mércores, 18 de novembro de 2015

BEBER O MUNDO CONTIGO


Quero volver a viaxar polo universo como cando compartíamos vidas. E visitar eses lugares aos que ninguén logrou chegar. E coñecer esas estrelas que algún día prometiches alcanzar para min.
E poder encher os espazos bacíos da miña vida, coas túas palabras. Esas que me espertaban cada domingo a primeira hora da mañá.
E ler nos teus ollos todo aquilo que non dis, todo o que non es capaz de explicar con palabras.
E poder beber o mundo contigo.
E non esquecerte, non esquecerte xamais. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario