mércores, 25 de novembro de 2015

SOÑOS ROUBADOS

Unha noite, o soño que me esperaba era totalmente distinto. Aparecín nun cuarto branco, baleiro. No centro, había unha cadeira negra, e nela, unha moza vestida da mesma cor. Choraba todo o tempo, coma se aquilo nunca fora a ter fin. Os seus ollos, so derramaban xigantes transparentes. Noite tras noite, eu e a moza soñabamos o mesmo. Era o primeiro soño que se repetía día tras día, semana tras semana, mes tras mes, pero a tristura que a rodeaba era cada vez maior.
           Pero, nunha ocasión, houbo un cambio. Ao soño sumárase un corpo, unha sombra, que permanecía mirando cara a parede.  Aquela noite, a rapaza choraba coma nunca chorara. Puiden observar que na súa pel branca, resaltaba un morado ao redor do ollo dereito, e unha fenda abrirase no seu beizo, tinguíndoo de vermello. Esa foi a última vez que a vin en soños.
        Días despois, mentres ía pola rúa, cruceime cunha rapaza. O seu rostro érame familiar. Levaba unhas gafas de sol, pero baixo estas, asomaba un morado no ollo dereito. Ademais, o seu beizo tiña un corte que xa estaba comezando a cicatrizar. Pero as marcas non remataban aquí, a ameaza aumentaba. Era ela, a persoa coa que levaba meses soñando. Quedei paralizada, observando o seu camiñar. Ao fondo da rúa, entrou nun edificio antigo, e desapareceu para sempre.

        Semanas máis tarde, no xornal aparecía a noticia dunha vítima mortal de violencia de xénero. A fotografía que acompañaba a noticia correspondíase co edificio no que semanas antes, entrara a moza. O seu mozo encerrábaa nun cuarto totalmente branco. Quería observar a súa pureza. E cando non a podía observar, outra labazada caía sobre Clara.   

Ningún comentario:

Publicar un comentario