luns, 9 de novembro de 2015

LENDO EN BRAILLE


Eramos dúas almas baixo o mesmo ceo. Ti e eu, mirándonos. Os nosos ollos, demasiado preto, mostraban o desexo de vivir pel con pel.
A túa man nas miñas costas, lendo en braille todos os meus demos. A miña man no teu rostro, debuxando círculos nas túas meixelas.
Acércaste e cóntasme ao oído todos os teus desexos de parar o tempo. E detense, asegúroche que o tempo detense. E detéñense os males, e todo é perfecto.
Acércaste e a túa nariz atópase coa miña, e o contacto desencadea un bico de gnomo dos que as nosas nais nos daban cando eramos bebés. E eu volvo a nenez, asegúroche que volvo a ser nena.
Os teus beizos acércanse aos meus, e o amor comeza a cobrar sentido.
E o mundo explota, e estou soa neste banco no que comezamos a amarnos. Pero ti xa non estas.
E chove, chove moito e moi forte.
E so quero que me abraces, que me abraces moito e moi forte.

Ningún comentario:

Publicar un comentario