Non quero saír a rúa sen compartir aquel paraugas tan feo que me mercaras
na nosa viaxe a París.
E non quero pensar que nas túas clases na facultade, xa non aparezo entre os
teus apuntes de neuroloxía. Ti sempre pensando na cabeza, e eu perdida entre as
veas e as arterias do corazón.
Tampouco quero verte con ela, coa outra “ela” que ocupa o lugar no que
algún día puiden estar.
Agora, a Alameda que coñecín ao teu lado volveuse gris, perdeu a súa cor
verde e os matices que ti lle dabas cada outono.
As neves de xaneiro que derretiamos ao noso paso pola cidade, agora están
máis frías ca nunca.
As máxicas tormentas de primavera que remataban nun arco da vella, agora so
amosan a violencia do que algún día foi amor.
E chega o verán, e o sol non brilla, xa non é amarelo, e o ceo perdeu o seu
azul singular.
E as Catedrais de Ribadeo caeron, e os fogos artificias do Obradoiro perderon
a súa maxia, e os músicos que chegan a Santiago esquecen os acordes das
cancións que antes escoitabamos xuntos.
E agora so me quedan as lembranzas dos nosos días en Tailandia, do curso de
buceo, do paseo en elefante, da praia Railay e da illa Koh Nang Yauan…
E agora que volto a Santiago, so desexo volver a verte, e poder dicirche
que te boto de menos, que te quero, que sen ti nada é coma antes, que quero que
me penses e que non me esquezas…
Pero non digo nada, gardo silencio… sei que agora “ela” é a única figura
coa que soñas cada noite…
Uxía Oviedo
Uxía Oviedo
E como un poema nos meus oidos ler estas doces palabras.
ResponderEliminarMoitas grazas querida perdida ♡
EliminarE como un poema nos meus oidos ler estas doces palabras.
ResponderEliminar