luns, 9 de maio de 2016

SEGUNDAS OPORTUNIDADES




Esta mañá, mentres o xélido aire de inverno primaveral, pareime a pensar en ti. En ti e en min. No que puidemos ser, e no que non fomos.

Os dous quixemos matar a inexperiencia da adolescencia a tiros, pero digamos que apuntamos mal e disparámonos a nos mesmos. E perdemos o pouco sentido que tiñan as nosas vidas.

Nunca poderei esquecer a noite en decidimos darnos unha segunda oportunidade, de volver a saltar ao baleiro sabendo cal sería o final. Ese que volveu chegar, rompendo todo o que tanto nos custou construír.

Esa nosa forma de arder de ilusión e de amor, mirando a una estúpida pantalla que semellaba rirse de nós. Esa maneira na que nos volvíamos a dicir que nos amábamos, sabendo que non era certo. Que nunca nos amamos. Que en todo momento fomos dous egoístas en busca da propia felicidade.



Ese reencontro no mesmo parque de sempre, aquel no que derretíamos as primeiras neves de xaneiro. O momento en que nos volvemos a mirar aos ollos, e nos mentimos dicíndonos que nos queríamos, que nada nos podería separar.

O primeiro beixo, seguido das caricias e dos sorrisos de dous corpos baleiros, coa alma viaxando polo espazo, en distintas direccións.

Tanto dano nos fixemos, e tan pouco conseguimos… Xogámonos todo a unha partida de xadrez na que ninguén gañou, na que o vento tirou as figuras ao chan.

¿Por que? ¿Por que decidimos mentir tanto tempo, perdelo, non escoitarnos a nos mesmos?

E agora que ningún dos dous quere falar co outro, agora que só somos dous descoñecidos con recordos en común, gustaríame dicirche que aínda sen ser nada, ás veces, fomos poesía.

Ningún comentario:

Publicar un comentario